
O noso equipo
É ben sabido que o xornalismo non se fai só... senón que hai que facelo! Por iso, detrás desta reportaxe sobre o tesouro das nosas rías e sobre a contaminación coa que impacta o bivalbo, hai catro estudantes de Xornalismo con voces distintas, mais nun mesmo ton para confeccionar esta peza con mimo e con veracidade.
.png)
Sabela Freire
Documentación, imaxes interactivas, edición e redes sociais
Meus avós traballaron na ría toda a vida e teño a sorte de vivir preto da praia. De pequena soñaba con ser unha serea. Parecíanme fermosas e envidiaba a súa sorte de poder mergullarse no mar durante todo o ano. De todo isto, xurdiu a miña dependencia do mar, converténdose no meu recuncho, onde evadirme nos malos momentos, pero tamén onde desfrutar dos bos. Xuraría que o mar me escoita cando lle falo e que me responde co baile das olas. O seu olor e a brisa, recórdanme que estou na casa.
.png)
Diego García
Documentación, deseño web e gráfico, webmaster e redes sociais
Dende pequeno sempre sentín unha adoración especial polo mar. Quizais polo feito de ter nacido nun pobo a uns 20 quilómetros da praia: sempre o sentía preto, pero ao mesmo tempo tan lonxe. En momentos de angustia, desacougo ou tristeza, o mar actúa coma o bálsamo que cura todas as feridas. A súa inmensidade provoca calma, evoca sentimentos afundidos e historias de todos os puntos que o tocan. En certa medida, o mar únenos a todos. Podemos ser de culturas moi diferentes que todos nos bañamos no mesmo mar.
.png)
Laura Gestal
Documentación, edición, webmaster e imaxes interactivas
Preto do mar lembro momentos que foron impagables. Todavía inundan con oleadas de saudade se me traslado ás noites de verán na praia de Miño. O mar espiu confesións coa súa maxia. Presenciaba principios. Precedentes simulacros de fonda tristeza que ouviu sen xulgar. Para os que devolveu antídotos en forma de novas oportunidades. Evocado, rexistrou a dor, mais sempre foi punto de partida para volver comezar. Agárdame fiel no mesmo sitio, malia que eu adoite regresar noutro lugar.
.png)
Laura Ríos
Documentación, edición, fotografía, video e imaxes interactivas
Cando vin por vez primeira os albores da vida, a meu pai quedábanlle seis meses para desembarcar da cuncha de noz coa que sucaba os mares. Para min, aquela inmensidade escura sempre foi o enmascarado secuestrador que fixo de moitos nadais, unha celebración un chisco máis baleira. Pola contra, coma boa filla de home de mar, levo o salitre tatuado na pel e a coraxe das mareas bravas correndo polas veas. Eu, de maior, quero navegar polo medio das letras.