top of page
  • Instagram - Círculo Blanco

A historia das bateas

Un oficio milenario

Os celtas foron un pobo especialmente guerreiro da Idade de Ferro. Porén, malia a súa condición de homínidos, non renunciaban a deleitar o padal. Sábese que os castrexos descendían ás costas na baixamar para coller todo tipo de moluscos, entre eles os mexillóns, e degustalos máis tarde nas súas vilas amuralladas. Até os nosos días, chegaron as cunchas daqueles primeiros seráns.

 

Moito tempo despois, no século V, o consumo de mexillóns estendeuse por todo o territorio galego, chegando á zona interior. Xa no século XVIII, as cortes Austrias de Castela mandaban transportar a palacio grandes cantidades de barrís de mexillón en escabeche. O rexedor de Santiago de Compostela, Don José Cornide Saavedra, xa dicía do bivalbo que a súa carne era “a mellor despois da ostra”. 

 

No Estado español existen bateas dende comezos do século XX: 119, en Barcelona; 21, no porto de Tarragona; e 16, no de Valencia. Foi no ano 1946 cando se fondearon as primeiras bateas na costa de Galicia. Polo tanto, o ano 1946 é o ano cero da produción do mexillón galego. A explosión desta nova forma de traballar o mar é tal que, na primeira década do nacemento desta industria, recolléronse 401 fondeos. Só 30 anos despois, na década dos setenta, chegábase aos 3.347 fondeos. En 2019, Galicia contaba con 3.300 bateas, das cales 2.300 están situadas na ría de Arousa.

O inicio da tradición bateeira do país

As bateas

As primeiras bateas foron construidas sobre botes recuperados e sobre galeóns antigos, coa madeira curada pola graxa do peixe, o que as facia máis resistentes ás inclemencias do tempo. Estas estruturas flotantes contan con proa, popa e costados.

 

Coñece as partes dunha batea premendo nas iconas da fotografía.

x1524559021-amc-rid1419-image1203.jpeg.j

Da batea ao prato

Obtención da semente do mexillón: As crías de mexillón son recolleitas en rochas no espazo natural da costa ou en cordas colectoras. Os mexilloeiros adoitan preferir as primeiras, ao ser máis resistentes a ser despegadas no futuro dos sistemas de cultivo. Os criadores aproveitan a baixamar para raspar as pedras en busca de crías con cunchas negras brillantes, que se estiman en mellor estado. No caso de escoller a cría con cordas colectoras, estas deben colocarse na proa da batea, onde máis desova o mexillón, e deben ser especialmente coidadas dos ataques dos sargos.

 

Entre catro e seis meses despois do encordado, cómpre realizar o desdobre, xa que as cordas multiplicaron por dez o seu peso. Para iso, ízanse as cordas con axuda do guindastre do barco e dunha gran cesta metálica, para evitar perdas. Pásanse os mexillóns pola desgranadora e pola mesa grella, onde se fai unha primeira selección do mexillón. 

 

A colleita reúnese cando hai unha carga duns 20 kg de mexillón por metro de corda e cando as tallas do animal son as adecuadas. Para sacar as cordas, un traballador debe enganchar a corda do guindastre a unha das cordas da batea. A corda, alzada e recollida na cesta, pasa á desgranadora e ás grellas clasificadoras. Os mexillóns envásanse en sacos de 15 quilos para a súa comercialización. Se van ser destinados á exportación, estes sacos volven introducirse no mar para que a materia prima resista a viaxe nas mellores condicións.

O sangue salgado de Javier Vidal

A Javier Vidal córrelle polas veas o toque salgado da ría de Arousa. O seu avó paterno, Manuel Vidal, fora o primeiro da familia en mercar unha batea, hai sesenta anos. O seu fillo, José Manuel Vidal Silva, foi o continuador deste negocio, que retomou despois dunha longa vida no mar. Fixérase coa adquisición da segunda batea familiar. O fillo, Javier Vidal, empezou a traballar entre o argazo da ría aos 13 anos, de maneira esporádica, axudando no que podía a seu pai. Rematou formando unha coalición co seu irmán, e decidiron mercar a terceira illa flotante dos Vidal. Javier e José Manuel fillo traballan dende hai 15 anos en solitario, e non hai temporal nin marea vermella que os leve.

A continuación deste negocio, bañado a partes iguais pola auga doce que pola salgada, pende dun fío. A xuventude galega prefire estudar graos superiores ou escapar da vida do mar por medo ás condicións de traballo adversas. Pola contra, Javier Vidal sostén que as bateas son unha actividade da que “se pode vivir de maneira estable toda a vida”. O bateeiro atribúe a diminución de persoal novo a un aumento das medidas de seguridade, dos permisos e da formación necesaria que se require para acceder ao posto.

Seguinte

EntreBateas.

© Decembro 2020 - Universidade de Santiago de Compostela 

Proudly created with Wix.com

bottom of page