
Así se regula a actividade bateeira
Dado que a instalación dunha batea interfire noutras actividades marítimas, como o transporte ou a pesca, impúxose a necesidade de promulgar unha lexislación dende que se instalou a primeira batea na Illa de Arousa en 1961. A normativa que organiza a produción do mexillón en Galicia data do ano 1993, mais foi modificándose até os nosos días mediante a publicación de Reais Decretos-leis. Neste eido, as concesións de bateas de mexillón de dominio público marítimo-terrestre ampliaron a súa duración dos 30 anos aos 50 anos en 2017.
A seguinte infografía recolle os puntos máis relevantes desta lei vertebradora en materia de pesca, a Lei 6/1993, de 11 de novembro; no tocante ao proceso de adquisición dunha batea, ou ben polos herdeiros dun propietario ou ben por un terceiro interesado na concesión que lle ofrece a Xunta de Galicia para a súa explotación.
Preme na infografía para vela en maior tamaño.

As dimensións legais da batea
En Galicia hai un importante número de artefactos flotantes, adicados a distintos tipos de cultivo: de mexillón, de ostra, de vieira, de peixe... De entre todas estas bateas, só existe un tipo de normativa autonómica específica para o mexillón. En concreto, no tocante ás dimensións da batea e ás características das instalacións. Porén, os viveiros adicados a outras especies carecen de regulación expresa.
Na seguinte imaxe interactiva recóllense os aspectos destacados do Decreto 406/1996, de 7 de novembro, para o Regulamento de viveiros de cultivos. Polo tanto, estamos a falar das medidas, da profundidade e dos pesos que pode soportar a batea para cumplir as cláusulas legais.
Preme nas iconas para saber máis!
Zonas e polígonos: puntos de fondeo
Estabécese a clasificación en polígonos das zonas do litoral aptas para o cultivo de bivalbo. Cada polígono comprende un número de viveiros, que se numeran nas diferentes zonas da ría nas que poden instalarse bateas. En total, creáronse 78 polígonos, en catro provincias marítimas: Vigo, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol. Cada polígono noméase cunha letra, segundo unha orde alfabética e subdivídese en cadrículas numeradas, cada unha das cales representa unha batea.
Neste senso, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pode dispoñer o traslado dun viveiro a outra cuadrícula vacante, ademais de ter a capacidade para autorizar a permuta dos puntos de fondeo. Porén, se o propietario da batea quebranta as zonas acotadas nun período de peche temporal, a Consellería procederá a retirarlle a instalación. Por exemplo, no caso dunha restricción de mobilidade en zonas ou subzonas pola ameaza das mareas vermellas.
_p.jpg)
Hai diferenzas na produción dos polígonos e no rendemento por área ocupada. Polo tanto, a clasificación por zonas fíxase en función da calidade das augas: boa, mala, regular ou baixa. En xeral, os polígonos situados na boca das rías teñen un rendemento maior que os que están situados nas zonas interiores.